O pleno da corporación local de Noia aproba por unanimidade instar á Xunta a que asuma un compromiso económico na construcción do pavillón polideportivo do colexio “Felipe de Castro”.

Venres, 15 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Colexio Felipe de Castro

O goberno local esixeu que se reciba ao alcalde de noia, que leva tres meses agardando por unha reunión. a proposta foi apoiada por unanimidade de toda a corporación.

A Corporación Local aprobou tamén por unanimidade o proxecto básico de Portos de Galicia para a zona portuaria de Noia e pideulle á Xunta que destine unha partida económica para que poidan comezar canto antes as obras. O pleno noiés, con todólos grupos a favor agás o PP que se abstivo, acordou tamén apoiar a tódolos colectivos de mariscadores que defenden a retirada da Lei de acuicultura.

O Pleno do Concello de Noia aprobou por unanimidade unha proposta do Goberno Local na que se instaba á Consellería de Educación a definirse e comprometerse económicamente coa construcción do pavillón polideportivo do colexio “Felipe de Castro”. O portavoz do Goberno, José Manuel Lage Tuñas explico una sesión plenaria que “para nós é unha prioridade a construcción deste pavillón polideportivo”.

 “Levamos agardando dende o mes de outubro por unha resposta da Xunta, xa que quedaron comprometidos en reunirse con nós no mes de novembro e darnos resposta, polo que parece unha falta de respeto a Noia e a comunidade educativa do colexio Felipe de Castro”.

O pleno tamén acordou reprobar á Xunta por non atender as reiteradas solicitudes de entrevista cursadas polo alcalde noiés Miguel Paz, para o que a corporación local esixeu “respeto ao lexítimo representante dos noieses e noiesas”. Cabe recordar que no pasado mes de outubro o goberno local de Noia mantivo unha xuntanza institucional co conselleiro de Educación co obxecto de facerlle chegar a peticiòn unánime da comunidade educativa do colexio público "Felipe de Castro" para a construcciòn dun pavillòn polideportivo.

Nesa xuntanza o alcalde de Noia trasladoulle o acordo unánime do pleno da Corporación parapedirlle á Xunta de Galicia a construcciòn do citado pavillòn polideportivo, facéndolle ver a necesidade de tomar unha decisión nese sentido, xa que é unha reclamación xusta que se ve respaldada xa dende fai varios anos por unha crecente demanda da comunidade educativa, e nomeadamente a ANPA do centro educativo. A xuntanza concluiu co compromiso por parte do conselleiro de Educación de estudiar un anteproxecto que lle remitiría o goberno local de Noia e volver a manter unha xuntanza entre a Xunta e o goberno noiés no mes de novembro. O goberno local de Noia trasladou á sede da consellería de Educación na primeira semana mes de novembro o anteproxecto e os datos solicitados e nese mesmo instante o alcalde recordou a necesidade de manter unha xuntanza á maior brevidade posible para coñecer as posibilidade de financiación ou cofinanciación que asumiría a Xunta de Galicia.

 A Corporación Local apoiou o proxecto de Portos de Galicia para Noia. O Goberno Local tamén conseguir sacar adiante un acordo unánime de apoio á súa proposta para instar á Xunta á execución do seu proxecto para a zona portuaria de Noia. 

Co respaldo de tódolos grupos políticos, a corporación aprobou pedirlle á Xunta que se execute o proxecto básico de Portos de Galicia para a zona portuaria e que se dote dunha partida económica a este proxecto, xa que como relatou o portavoz do goberno local na reunión co presidente de Portos “quedou claro que por agora non había ningunha partida económica para este proxecto”. O pasado mes de decembro celebrouse unha xuntanza na que participaron os voceiros de tódolos grupos políticos presentes na Corporación Local de Noia co Presidente de Portos de Galicia, co obxecto de coñecer de primeira man os plans que ten éste ente público da Xunta de Galicia.

Tendo en conta que a Xunta de Galicia requiriu un posicionamento da Corporación Local de Noia para poder comprometerse na inversión.

O portavoz do goberno, José Manuel Lage explicou no pleno que “o goberno ve ben que se faga unha inversión en Noia que mellore a mobilidade urbana entre o vello muelle do Marqués e a costa do Ferrador, xa que completaría así a actuación proxectada por Costas do Estado para a mellora da fachada marítima de Noia.”

Tamén recordou que “é evidente que estamos diante dunha actuación insuficiente xa que non aborda a rexeneración dos bancos marisqueiros nin a limpeza da ría, dado que só contempla o dragado do canal, pero iso non debería impedir que aproveitemos como pobo un proxecto que mellora a mobilidade urbana.”

Comunicacións.
Concello de Noia.

Noticias relacionadas