O Goberno Local de Noia denuncia que a Xunta de Galicia non contesta á petición de construcción dun pavilón no colexio Felipe de Castro

Sábado, 02 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Colexio Felipe de Castro

Miguel Paz, alcalde de Noia, dirixiuse o pasado martes ao conselleiro de Educaciòn para recordarlle as solicitudes de reuniòn realizadas e tamén lembrarlle que leva dous meses agardando por unha reuniòn para ver si a Xunta de Galicia estudiou o anteproxecto remitido para a construcciòn dun pavillòn polideportivo para o colexio "Felipe de Castro".

O goberno local defende a construcciòn dun pavillòn polideportivo para o colexio "Felipe de Castro" tal e como reivindica a Asociaciòn de Nais e Pais de Alumnos/as.

Recorda Miguel Paz que "esta proposta do goberno local foi aprobada por unanimidade do pleno da corporaciòn" e explica que "este acordo fixémosllo chegar á Xunta de Galicia xa fai máis de tres meses".

O alcalde de Noia volve a solicitar por terceira vez ao conselleiro unha xuntanza para ver si a Xunta está disposta a financiar este equipamento "tan demandado e tan necesario".

Paz explica que "si a Xunta non se molla vai a saberse pronto, non estamos dispostos a que nos mareen máis tempo".

Noticias relacionadas