FACe

Mediante a resolución desta Alcaldía núm. 112/2015, de 12 de xaneiro, o Concello de Noia adheriuse á plataforma electrónica “FACe-Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas”, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas asumindo este coma punto de entrada das facturas electrónicas dirixidas ao Concello de Noia.

Mediante a resolución núm. 113/2015, de 12 de xaneiro, defínense as unidades administrativas internas encargadas da xestión, tramitación e contabilidade das facturas electrónicas que se corresponden coa seguinte denominación e codificación:

  • Oficina contable: departamento de Intervención. Código LA0005058
  • Órgano xestor: Alcaldía. Código LA0005056
  • Unidade tramitadora: Alcaldía. Código LA0005057