Pleno

Órgano de máxima representación política da cidadanía dentro do goberno municipal. Está constituído polo alcalde e os concelleiros e concelleiras. Ao alcalde correspóndelle convocar e presidir as sesións plenarias aínda que pode delegar nalgún dos concelleiros.

O Pleno ten un regulamento propio de carácter orgánico e tanto o seu funcionamento coma a organización dos seus contidos recóllese no regulamento municipal.

No Pleno apróbanse e modifícanse regulamentos orgánicos, ordenanzas, orzamentos, cadros de persoal, regulamentos municipais, entre outras disposicións. A aprobación inicial e final das tramitacións urbanísticas tamén é unha das competencias do Pleno, así como a transferencia das súas funcións a outras administracións ou a determinación do xeito no que o Concello xestionará os servizos municipais.

O pleno do Concello de Noia, órgano de máxima representación política dos cidadáns no goberno municipal, previa convocatoria efectuada ao efecto pola Alcaldía, realizará sesións ordinarias no denominado "Salón de Plenos" todos os últimos martes non festivos de cada mes (agás en agosto e decembro), ás 20:30 horas, en primeira convocatoria e dous días despois á mesma hora, en segunda. Cando o martes sexa festivo, a sesión terá lugar o día hábil inmediato anterior, á mesa hora.

Composición: PP (8 concelleiros/as), PSdeG-PSOE (4 concelleiros/as), Marea Cidadá (2 concelleiros/as), NO.I.A. (2 concelleiros/as), BNG (1 concelleira)