- Tema

Lage Tuñas, portavoz do goberno local, anuncia que durante o mes de xaneiro adxudicarase a obra que contempla o empedrado e a dotaciòn de servizos en Santa María de Roo
"Con esta obra continuamos co coidado e protecciòn dos núcleos tradicionais das nosas parroquias, coma xa fixemos fai uns meses no entorno da igrexa parroquial de Boa" explica José Manuel Lage Tuñas, edil de Patrimonio e portavoz do goberno local.
Dende o goberno local explican que a mellora do entorno da igrexa de Santa María de Roo será realizado ao mesmo tempo que se canalizan as redes de pluviais e as de abastecemento e saneamento. E de igual xeito se acometerá o empedrado de toda a zona, favorecendo así a recuperaciòn integral deste espazo.
Esta inversiòn está sufragada con fondos da Deputación Provincial e do concello de Noia e supera os 125.000 euros.
Comunicaciòns.
Concello de Noia