Ampliación do Museo do Mar

Venres, 12 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ampliación do Museo do Mar

Mediante resolución da Consellería do Mar concedeuse unha axuda económica ao Concello de Noia ao abeiro da orde da Consellería do Mar, do 24 de maio de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDPL), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016, publicada no DOG número 109, do 9 de xuño de 2016, a execución das obras definidas no proxecto “Ampliación do Museo do Mar de Noia”.

A actuación prevista trátase da ampliación do existente “Museo do Mar de Noia” co obxectivo de dotar de maior espazo aos seus elementos expositivos de valor histórico, cultural e patrimonial; ao mesmo tempo que se dota ao Museo de novas tecnoloxías para mellorar a experiencia dos visitantes. No proxecto realizarase un traballo de rehabilitación arquitectónica, integrando na estrutura final parte da Muralla medieval do Casco Histórico de Noia, e dotando de equipamento interno a este edificio histórico para un uso eminentemente museístico, turístico e cultural.

Na anualidade 2017 acometéronse as primeiras obras orientadas a investigación da cimentación do Museo do Mar, que teñen acomodo no proxecto técnico redacto ao efecto para o que se outorgou a subvención.

Noticias relacionadas