Lugares de encanto

LUGAR DE ENCANTOS

Descobre todos os lugares de encanto do Concello.

PRAIAS

Fermosos areais para os amantes do Sol.

HOSTELERÍA

Ampla oferta en hoteis, restaurantes, bares, pubs...

Tradicións e ritos funerarios

Ata o século XIX existía a tradición de celebrar festas nos camposantos, a xente facía un importante banquete sobre a tumba do familiar finado, para manterse en comunión os vivos cos do máis alá. Tense documentado en testamentos medievais que o finado deixaba instrucións detalladas de cómo celebrar os copiosos xantares sobre a súa tumba. Aínda hoxendía celébranse os "cabodanos", os familiares ofrecen unha misa polo finado no aniversario da súa morte.


Na idade media impartíase xustiza nos cemiterios (aparece documentado na Quintana dos Mortos), para que o reo tivera constancia do efémero da súa existencia.


En Noia ata a segunda metade do século XX aos nenos sen bautizar enterrábanos ao pé dos cruceiros onde se pregaba pola súa alma no purgatorio.


Na actualidade polas mañás segue “tocando a morto”, nas igrexas parroquiais na alborada anúnciase a morte cun toque de campá, sendo o son distinto se é home ou muller.


Tamén permanece viva a tradición de acompañar ao cadaleito desde o velorio ata igrexa por familiares e amigos.


Agader Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente Xunta de Galicia Galicia Unión Europea