Lugares de encanto

LUGAR DE ENCANTOS

Descobre todos os lugares de encanto do Concello.

PRAIAS

Fermosos areais para os amantes do Sol.

HOSTELERÍA

Ampla oferta en hoteis, restaurantes, bares, pubs...

Noia na historia do Camiño

A primeira peregrinación a Santiago dende Noia da que constan documentos é do ano 1147, unha escuadra de máis de duascentas naves inglesas que saíran do peirao de Dartmouth, paran en Noia e van a Santiago para agradecer que sobreviviran a unha gran treboada. A fundación de Noia en 1168, coa concesión da carta pobra por Fernando II de León e Galicia considera a Noia Porto do apóstolo, coa creación dun novo peirao. No ano 1417, Nompar de Caumont, nobre gascón de Aquitania, peregrinou a Compostela e recolle no seu itinerario o paso por Noia, xa desde Santiago, para chegar a Fisterra.


Ver no mapa

A orixe de Noia
Agader Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente Xunta de Galicia Galicia Unión Europea