Hostaleria

LUGAR DE ENCANTOS

Descobre todos os lugares de encanto do Concello.

PRAIAS

Fermosos areais para os amantes do Sol.

HOSTELERÍA

Ampla oferta en hoteis, restaurantes, bares, pubs...

Hostelería
en Noia


Noia e a súa Gastronomía

En Noia, vila costeira, peixes e mariscos ocupan os primeiros pratos solicitados polos turistas nos diversos xeitos en que se preparan: en caldeirada, fritos, á grella ou ao forno.  Pero as grandes referencias gastronómicas son a empanada, o berberecho e a ameixa.

En xeral en Noia hai restaurantes familiares de comida caseira cunha boa relación calidade/prezo.

A comida vai depender do período do ano, pero hai determinadas épocas de preparación de pratos de tempada: lacón con grelos no Entroido, e acompañados de filloas e orellas.

Por abril a lamprea do Tambre era moi típica; séguese preparando pero provén doutros lugares; no verán por san Xoán: sardiña asada ou frita, xouba ou xurelo con cachelos (patacas  e non pode faltar o pan de boroa (de millo).

Os doces típicos son a rosca ou o "ripote" ou "periquito".
Tamén galletas de ovo, amendoados e coca de dedos e a coca de rinchóns.

Berberechos e Ameixas

Noia é o principal produtor de berberecho e ameixa do Estado. Chegou a recollerse un terzo da produción estatal de berberecho, e a ameixa de Noia é a máis valorada do mundo chegando a superar en lonxa os 120 euros o quilo.

Dedícase principalmente á exportación polo que é difícil que o de calidade superior chegue ao mercado noiés, pero o berberecho pódese atopar en empanada de millo ou ao vapor. A ameixa pódese tomar á mariñeira, á prancha ou ao natural.

A Terra da Empanada

Noia é a terra da empanada, recollido xa nos textos de Cunqueiro. A de trigo ten a singularidade que ao facerse máis gorda do habitual dáselle a volta no forno, para que se faga polos dous lados.

Tamén ten moita importancia a empanada de millo ata o punto que hai unha especialidade única que leva o nome da Vila: A empanada de Noia, empanada de millo con berberechos.

Agader Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente Xunta de Galicia Galicia Unión Europea