Lugares de encanto

LUGAR DE ENCANTOS

Descobre todos os lugares de encanto do Concello.

PRAIAS

Fermosos areais para os amantes do Sol.

HOSTELERÍA

Ampla oferta en hoteis, restaurantes, bares, pubs...

Camposanto de Boa

Cemiterio relixioso a carón da Igrexa parroquial de Boa. Aquí xace Antón Avilés de Taramancos e na súa honra plantouse una cerdeira na entrada.

Ver no mapa
Camposanto de Boa

Camposanto do Obre

Cemiterio relixioso rodeando a igrexa de Santa Mariña do Obre e pechado de muro de pedra, ten un importante cruceiro. Aquí xace Pedro García Lema coñecido como o "Greco galego".

Ver no mapa
Camposanto do Obre

Camposantos de Argalo

Cemiterio relixioso rodeando a igrexa de Santa María de Argalo e pechado de muro de pedra, para acceder á igrexa hai que pasar por riba das tumbas. Nas aforas da aldea, a carón do río construíuse recentemente un novo cemiterio de deseño arquitéctonico interesante.

Ver no mapa
Camposantos de Argalo

Camposantos de Roo

Cemiterio relixioso rodeando a igrexa de Santa María de Pedra e pechado de muro de pedra, para acceder á igrexa hai que pasar por riba das tumbas. Pegado ao muro ten restos de capiteis románicos. Cóntase que aparecera o corpo incorrupto dunha rapaza enterrada tempo atrás. Recentemente construíuse unha ampliación de moito interese arquitectónico.

Ver no mapa
Camposantos de Roo

Camposantos de Santa Cristina

Rodeando da ermida vella de Santa Cristina de orixe románico estaba o antigo camposanto medieval clausurado hai tempo, está pechado cun muro de pedra alto. Sobre entrada do cemiterio ten a Cruz de Santiago e nun lateral do muro cara o camiño ten un importante Peto de Ánimas. A Parroquia conta cun Cemiterio relixioso exento, a bastante distancia da igrexa.

Ver no mapa
Camposantos de S. Cristina

Cemiterio Municipal do Páramo

Cemiterio civil construído nos noventa no entorno da Cova da Moura, de deseño inicial desafortunado, conta cun área de lecer a seu carón.

Ver no mapa
Cemiterio Municipal do Páramo

Agader Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente Xunta de Galicia Galicia Unión Europea