O Concello de Noia iniciou esta semana as obras de mellora na rúa Coruña, as cales teñen por finalidade mellorar as condicións de seguridade na vía.
Actualidade

O Concello de Noia anunciou a súa cabalgata de Reis, a cal chegará o vindeiro xoves, 5 de xaneiro, a todas as parroquias do municipio, así como ao asilo e á residencia.

O Concello de Noia vén de adquirir un vehículo adaptado para activar o novo servizo de punto limpo móbil que percorrerá as parroquias do municipio.

Subvención a actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O Concello de Noia deu a benvida oficial ao Nadal tras presentar hoxe a campaña “Noia, preto de ti”.

O Concello de Noia xa desfruta do Nadal e abriu hoxe ao público o Belén animado que está ubicado na igrexa de Santa María a Nova.

O Concello de Noia presentou hoxe unha nova edición do campamento de Nadal, unha iniciativa da concellería de Deportes Xuventude que ten como obxectivo prioritario permitir ás familias do municipio conciliar a vida laboral, persoal e familiar durante as vacacións de Nadal.

O Concello de Noia volve apoiar o labor social da Asociación Misela e conta un ano máis con esta entidade para que participen na decoración das rúas da vila durante a campaña de Nadal.

O Concello de Noia colaborou, un ano máis, na V Andaina Solidaria en favor da Asociación local Misela, unha organización de asistencia e servizos para persoas con discapacidade que recibiu esta semana o cheque por valor de 3.245 euros recadados nesta actividade organizada polo club de sendeirismo

Durante a mañá de hoxe, o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou as dependencias do xulgado de Noia, acompañado polo alcalde do municipio, Santiago Freire, e a concelleira de Facenda, Laura Salgado García.