Subvención a actuacións en materia de residuos de competencia municipal

Luns, 19 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Subvención a actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O obxecto destas subvencións estriba nas actuacións destinadas á implementación de medidas de xestión dos residuos domésticos conforme o esquema de prioridade e o principio de xerarquía aplicable en materia de residuos. Esto é, aquelas actuacións destinadas a: favorecer a prevención, recollida adecuada, clasificación e preparación para a reutilización de residuos domésticos; a potenciar a prevención, a recollida separada e a valorización dos residuos de aceite de cociña usado de orixe doméstica, do comercio e servizos; e, a potenciar a prevención, a recollida separada e a valorización dos residuos téxtiles de competencia municipal..

O Concello de Noia foi beneficiario dunha axuda por importe de 49.300 € para levar a cabo o proxecto destinado a favorecer a prevención, a recollida separada e a adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais a través da adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes para a reutilización ou reciclaxe na nosa comunidade autónoma; concretamente o investimento a realizado polo Concello de Noia consistiu na adquisición dun camión con grúa e volquete e dun punto limpo móbil.