A Asociación Misela participa un ano máis na decoración de Nadal das rúas da vila

Xoves, 01 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia volve apoiar o labor social da Asociación Misela e conta un ano máis con esta entidade para que participen na decoración das rúas da vila durante a campaña de Nadal.

Así, profesionais e persoas usuarias do centro ocupacional e do centro de día Misela, recolleron residuos plásticos e déronlle un novo uso aos mesmos, creando varios paneis decorativos que lucirán nas rúas da vila durante as datas de Nadal.

O alcalde de Noia, Santiago Freire, e a concelleira de Comercio, Laura Salgado, achegáronse durante a xornada de onte ata un dos materais decorativos para agradecer a o gran traballo realizado polas persoas usuarias e polos profesionais da Asociación local.