Noia presenta unha nova edición do campamento de conciliación familiar de Nadal para a rapazada de 3 a 12 anos

Mércores, 07 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia presentou hoxe unha nova edición do campamento de Nadal, unha iniciativa da concellería de Deportes Xuventude que ten como obxectivo prioritario permitir ás familias do municipio conciliar a vida laboral, persoal e familiar durante as vacacións de Nadal.

O campamento desenvolverase do 23 de decembro ata o 4 de xaneiro e vai dirixido á rapazada de 3 a 12 anos. As familias que o desexen poden inscribirse a partir do vindeiro luns, 12 de decembro, casa do Concello.

As actividades levaranse a cabo en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 h e, outro ano máis, o campamento ofrecerá o servizo de madrugadores, de 7:30 a 10:00 h, e tamén o servizo de recollida tardía ata ás 15:00h, que permite aos nenos e nenas estar unha hora máis.

O prezo da actividade madrugadores será de 15 euros, a do campamento 20 euros e a recollida tardía terá un custo de 6 euros.

Tras a presentación, a Concelleira de Deportes e Xuventude, Laura Salgado García, destacou “o compromiso do goberno local por seguir ofrecendo actividades que promovan a conciliación da vida laboral e familiar nos períodos e datas nas que os nenos e nenan non teñan clase”.