Santiago Freire mantén unha reunión de traballo no Ministerio de Medio Ambiente

Sábado, 30 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O alcalde de Noia, Santiago Freire, viaxou o pasado 29 de abril a Madrid para manter unha reunión de traballo no Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente xunto a técnicos do departamento e altos funcionarios. Ademais, no encontro o subdirector Xeral de Costas tamén valorou positivamente as propostas expostas e comprometeuse a analizalas en detalle para estudar a súa viabilidade técnica e económica.
O obxectivo da visita foi analizar as opcións realizables coas que se conta a día de hoxe para levar a cabo as actuacións de dragaxe na ría de Noia.
A visita á capital do estado abordouse desde unha dobre perspectiva. Por unha banda, expúxose a posibilidade dunha coordinación nas actuacións entre Costas do Estado e Portos de Galicia para iniciar a dragaxe da ría. Por outra banda, abordouse a posibilidade de levar a cabo melloras na fachada marítima na zona do Malecón de Gasset.
Unha vez expostas as propostas por parte do rexedor noies aos dirixentes ministeriais só queda coñecer a data na que se emprazará a próxima conversación coa Directora Xeral de Costas, Raquel Orts, para ver en que accións das propostas garantirase o investimento e dentro de que prazos poderanse levar a cabo as propostas técnicas unha vez sexan analizadas.