Programas complementarios de educación e apoio familiar para a inclusión social da poboación en risco de exclusión

Venres, 15 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Concello de Noia publica toda a información relacionada cos programas complementarios de educación e apoio familiar para a inclusión social da poboación en risco de exclusión

A promoción da igualdade, a saúde e a inclusión social son os obxectivos principais desta iniciativa, financiada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo (FSE). 

O fin último é desenvolver as competencias básicas, mellorar os hábitos de estudo, incrementar as expectativas ante a posibilidade de éxito e fortalecer os procesos de socialización positiva de cada neno e nena.