Obradoiro de emprego "Noia-Lousame-Outes 2022"

Venres, 16 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Consellería de Emprego e Igualdade acaba de aprobar o desenvolvemento do Obradoiro dual de Emprego, promovido polos Concellos de Noia, Lousame e Outes, denominado “NOIA-LOUSAME-OUTES 2022”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación que terá unha duración de 12 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional de 20 persoas.

Tras as entrevistas realizadas aos candidatos que optaron a converterse en alumnado-traballador e persoal directivo, o Concello publica os listados provisionais das puntuacións outorgadas na fase de entrevista.