O servizo de Emerxencias consegue vehículo e equipamento a través do convenio asinado entre o Concello e o 112 Galicia

Martes, 19 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O alcalde, Santiago Freire Abeijón, e o vicepresidente e conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asinaron un acordo de colaboración entre o 112 Galicia e o Concello de Noia para a cesión dun vehículo e do seguinte equipo de emerxencias: cámara térmica, equipos de respiración autónomos, ventilador portátil, varios tramos de mangueiras, extintores, equipo portátil xerador de escuma, etc.

O alcalde estivo acompañado polo xefe de Emerxencias de Noia, Eduardo Modelo, que recolleu o equipamento cedido nun acto presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e polo conselleiro de Presidencia. 

Multimedia