O executivo noies está a restaurar a casa consistorial

Venres, 29 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O goberno de Noia está a levar a cabo unhas obras na casa consistorial xa que tras incontables anos nos que non recibiu nin un só labor de conservación ten innumerables danos de mantemento. Humidades, filtracións, malas distribucións de departamentos... 
Os labores de restauración e conservación, que xa empezaron no edificio, servirán para que todas esas humidades desaparezan, as filtracións da cuberta pasen á historia e así se consiga devolver ao Concello a un estado adecuado.
Ademais, estase a xestionar xunto con outras administracións a dotación de novo material como poden ser xanelas velux para os despachos dos traballadores que se atopan na planta superior do edificio e que ata agora carecían de luz natural e tiñan que soportar unhas temperaturas moi elevadas na súa xornada laboral durante os meses de verán. Con esta actuación o que se conseguirá é mellorar as condicións dos traballadores do Concello.
Así mesmo, están a habilitarse novos espazos de traballo para os concelleiros. Deste xeito o que se conseguirá é concentrar algúns dos departamentos (por exemplo casco histórico e urbanismo) para que haxa unha menor burocracia. 
Todo isto traducirase nunha verdadeira mellora na experiencia que teñan os usuarios cada vez que teñan que levar a cabo unha xestión no Concello xa que se facilitará a burocracia aos veciños.