O Concello presenta a campaña Noia florece, unha iniciativa para revitalizar o comercio local

Xoves, 09 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde do Concello de Noia, Santiago Freire Abeijón, a concelleira de Economía, Laura Salgado García, e a responsable de Eventos, Beatriz Rosende Paz, presentaron a campaña Noia florece. Con esta campaña, o executivo busca revitalizar e recuperar o dinamismo do comercio local. 
 
A iniciativa ponse en marcha en colaboración de Noia Histórica e a Asociación Misela que, un ano máis, achega as súas magníficas decoracións feitas con materiais reciclados. 
 
Durante a presentación, o rexedor sinalou as múltiples finalidades da proposta: comercial, ornamental, social e medioambiental. Así mesmo, Freire Abeijón fixo un chamamento á "responsabilidade e ao coidado do novo mobiliario urbano, máis tendo en conta que a pasada fin de semana tivo lugar algún acto vandálico", explicou. 

Multimedia