O concello pide a Portos de Galicia que remita o proxecto que teñen para a Ría de Noia

Luns, 09 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ría de Noia

O Goberno local de Noia pide a Portos de Galicia que remita ao concello o proxecto que ten para a rexeneraciòn da ría de noia para poder estudialo.

O pleno da corporación aprobou por unanimidade un acordo instando á xunta de galicia a que remitira o proxecto e mantiveran unha xuntanza con tòdolos grupos políticos presentes na corporación noiesa.

 O Portavoz do Goberno Local, José Manuel Lage Tuñas explicou a preguntas de La Voz de Galicia que "despois de catro meses parécenos unha falta de respeto que Portos de Galicia non se teñan dirixido ao concello de Noia para explicar o proxecto que ten para a rexeneraciòn da ría de Noia".

 Recordan dende o executivo noiés que "hai un acordo plenario do mes de setembro no que tòdolos grupos políticos da corporaciòn instan a Portos a que traslade o proxecto que teña para Noia e que se celebre unha reuniòn; por agora non hai contestaciòn".

Lage Tuñas explica que "nòs como goberno local temos a mellor disposiciòn para consensuar un proxecto coa Xunta e co Estado" e relata que "Portos de Galicia primeiro debería enviarnos o seu proxecto e ser respetuoso co goberno local de Noia como ten sido Costas do Estado".

 Lage Tuñas explica que "con Costas temos unha relaciòn de mutua e leal colaboraciòn que xa ten dado froitos no proxecto de mellora da fachada marítima de Noia na que se vai invertir máis dun millòn de euros".

Comunicaciòns.
Concello de Noia