Xoves, 27 de agosto de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa
![](http://www.coliseonoela.com/noia/sites/default/files/styles/large/public/noticias/imagenes/2020/11/comercio_1.jpg?itok=Wyp9Qzvk)
O alcalde do Concello de Noia, a concelleira de Comercio e o presidente de USPAN acompañaron á directora xeral de Comercio nunha visita pola praza de abastos de Noia.
Por medio deste encontro, os representantes de ambas as dúas administracións buscaban comprobar o estado actual da dependencia, que será obxecto dunha importante intervención proximamente. En total, o Concello e a Xunta de Galicia investirán máis dun millón de euros en acometer a mellora deste espazo.