O Concello de Noia organiza unha xincana polo Día das Letras Galegas

Xoves, 13 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Concello de Noia celebrará o Día das Letras Galegas coa organización dunha xincana. As persoas interesadas en participar deberán percorrer as rúas de Noia e descubrir as pistas agochadas. 

Os premios serán vales de 120, 80 e 50 euros para gastar no comercio local e na hostalaría do municipio. 

Consulta as bases e descarga a ficha de inscrición. As fichas poderán enviarse por WhatsApp a través do teléfono 677 555 748 ata o sábado, 15 de maio, ás 18.00 horas. 

Multimedia