O Concello de Noia organiza dous obradoiros coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente

Luns, 31 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia celebrará o Día Mundial do Medio Ambiente a través da organización de dous obradoiros: 

  • Decoración de macetas. 
  • Elaboración de casiñas para paxaros. 

Para anotarvos podedes descargar a ficha de inscrición, cubrila e enviala por WhatsApp ao teléfono 677 555 748. 

Adoptaranse todas as medidas sanitarias en vigor no momento da realización da actividade.