O Concello de Noia investirá 200.000 euros nas obras de mellora do edificio dos xulgados

Martes, 29 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Durante a mañá de hoxe, o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou as dependencias do xulgado de Noia, acompañado polo alcalde do municipio, Santiago Freire, e a concelleira de Facenda, Laura Salgado García.

O motivo da visita foi a análise das obras que se van a realizar tanto no interior coma no exterior do edificio actual, unha reforma que conta cunha inversión de preto de 200.000 euros e coa que se mellorarán as condicións de impermeabilización, illamento e climatización do edificio.

Nas propias dependencias, a comitiva reuníuse coa xuíza para abordar o futuro traslado do arquivo do xulgado a dependencias municipais, que se realizará nas vindeiras semanas para poder levar a cabo as obras.

Finalmente, buscáronse novas alternativas para a implantación dun novo xulgado na localidade ao longo dos próximos anos, onde o Concello comprometeuse “a facilitar e poñer a disposición unha nova parcela ou edificio para tal fin”.

Tras visita, Freire destacou que “o Concello de Noia porá todos os medios posibles a disposición para que a nosa vila poda contar pronto cuns reformados e modernos xulgados”.

Multimedia