O Concello de Noia e a Asociación Noia Histórica organizan un Concurso de Ornamentación Floral de Balcóns

Mércores, 26 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia e a Asociación Noia Histórica organizan un Concurso de Ornamentación Floral de Balcóns co obxectivo de promover a creatividade dos veciños e veciñas e a realzar o encanto das rúas do casco histórico, atraendo así a un maior número de visitantes. Os interesdos poderán anotarse ata o 28 de maio ás 14.00 horas. 

Os datos poden trasladarse a través do correo electrónico administracion@noiahistorica.org ou no 981 82 47 64.