O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a instalación dunha estufa de pellets no centro social de Orro. Dito investimento foi cofinanciado polo Instituto Enerxético de Galicia ao abeiro da Resolución do 19 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Este investimento ten como obxectivo fomentar a utilización de fontes de enerxía renovables, o que implica unha serie de vantaxes tanto sociais, ambientais, económicas como enerxéticas. A biomasa é unha enerxía renovable cun reducido impacto ambiental que favorece a redución de emisións de CO2, o autoabastecemento e a seguridade da subministración a prezos competitivos.