O Concello de Noia, beneficiario dunha axuda para a instalación de 102 paneis fotovoltaicos sobre a cuberta da piscina municipal de Noia

Mércores, 09 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a instalación de 102 paneis fotovoltaicos sobre a cuberta da piscina municipal de Noia. Dito investimento foi cofinanciado polo Instituto Enerxético de Galicia ao abeiro da Resolución do 3 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Este investimento ten como obxectivo fomentar a utilización de fontes de enerxía renovables, en especial a utilización da enerxía fotovoltaica o que implica unha serie de vantaxes tanto sociais, ambientais, económicas como enerxéticas. A enerxía fotovoltaica é unha enerxía renovable cun reducido impacto ambiental que favorece a redución de emisións de CO2, o autoabastecemento e a seguridade da subministración a prezos competitivos.