O Concello de Noia, beneficiario dunha axuda de 9.000 euros para elaborar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES)

Xoves, 26 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Pacto dos Alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Esta subvención estriba na elaboración dos plans de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES) que levan a cabo as entidades locais municipais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía.

O Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía consiste no compromiso dos Concellos asinantes de facer propios os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 e reducir as emisións de CO2 no seu territorio en, polo menos, un 40%. Farano a través da posta en marcha de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, traballando pola implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e aumento da resiliencia fronte a el, así como un aumento da cooperación coas autoridades locais e rexionais similares na UE e fóra dela para mellorar o acceso á enerxía segura, sustentable e alcanzable.

O Concello de Noia foi beneficiario cunha axuda por importe de 9.000€ para levar a cabo a elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).