O Concello de Noia, beneficiario dunha axuda de 30.872,82 euros para levar a cabo o proxecto de dixitalización do Arquivo Municipal

Xoves, 21 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dixitalización do patrimonio cultural de Galicia, cofinanciado ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Esta subvención estriba en promover a construción da Memoria Dixital de Galicia como un proxecto colectivo de preservación, valorización e difusión do patrimonio cultural de Galicia.

A finalidade destas subvencións destinadas á dixitalización do patrimonio cultural de Galicia, dentro do marco da Axenda Dixital de Galicia 2020, é potenciar a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia e a súa recolección, preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia. Esta iniciativa prevé incrementar o patrimonio cultural de Galicia accesible a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia fomentando un maior achegamento dos cidadáns e a dinamización da cultura galega aproveitando a potencialidade das TIC e os usos e costumes dunha sociedade dixital.

Estas subvencións teñen por obxecto o financiamento de proxectos de dixitalización accesibles en liña e coas adecuadas medidas de preservación de bens que formen parte do patrimonio cultural de Galicia. A convocatoria destas axudas para o período 2020-2021 limitouse a proxectos de dixitalización de bens vinculados ao patrimonio bibliográfico e documental de Galicia; estos proxectos formarán parte de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia situada en Galicia.

Concello de Noia foi beneficiario cunha axuda por importe de 30.872,82€ para levar a cabo o proxecto de dixitalización do Arquivo Municipal de Noia.

Multimedia