O Concello de Noia, beneficiario dunha axuda de 183.515,65 euros para levar a cabo 'Noia a voz do mar'

Xoves, 30 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Noia a Voz do Mar é un proxecto cofinanciado ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDPL), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

O proxecto “Noia a Voz do Mar” levouse a cabo no edificio chamado “Museo do Mar”, con este proxecto se pretende combinar os restos arqueolóxicos existentes no edificio rehabilitado coas novas tecnoloxías audiovisuais ao longo dos tres andares cos que conta o edificio. A través das técnicas de video mapping, a museografía interactiva e o xénero documental, o visitante introducirase nunha narrativa na que son as personaxes históricas e os veciños da Vila de Noia os que conducirán aos visitantes, a través das súas voces, pola alma da Vila. Os visitantes poderán vivir esta experiencia audiovisual, interactiva e documental ao longo das tres plantas das que dispón o edificio “Museo do Mar”, sendo o mar o fío conductor que lle dou o carácter e a personalidade urbana á Vila de Noia.

O Concello de Noia foi beneficicario cunha axuda por importe de 183.515,65€ para levar a cabo o proxecto “Noia a Voz do Mar”.