Nota informativa sobre as axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2021/2022 do Concello de Noia

Venres, 01 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

1. O día 30 de setembro de 2021 o Concello de Noia emite Resolución Definitiva coa relación de alumnos solicitantes beneficiarios das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria, así como aqueles alumnos solicitantes que foron excluídos por non cumprir algún dos requisitos mínimos expostos na cláusula 5ª das bases reguladoras de ditas axudas.

2. Os bonos do material escolar para o curso 2021-2022 serán entregados no Salón de Plenos do Concello de Noia os días 1, 4 e 5 de outubro de 9:00 a 14:00 horas.

3. A partir do día 5 de outubro ata o 15 de outubro os bonos serán entregados no primeiro andar do Concello de Noia (preguntar no mostrador o lugar de entrega).

4. O venres 1, luns 4 e martes 5 de outubro os bonos serán entregados, no salón de Plenos do Concello, do seguinte xeito:

Venres 1 de outubro: entregaranse os bonos aos alumnos beneficiarios cuio primeiro apelido comence pola A ata a F.

Luns 4 de outubro: entregaranse os bonos aos alumnos beneficiarios cuio primeiro apelido comence pola G ata a O.

Martes 5 de outubro: entregaranse os bonos aos alumnos beneficiarios cuio primeiro apelido comence pola P ata a Z.

5. O prazo para recoller os bonos de material escolar rematará o 15 de outubro de 2021.

comence pola P ata a Z.

5. O prazo para recoller os bonos de material escolar rematará o 15 de outubro de 2021.