Noia acollerá o I Simposio Internacional de Crime e Misterio

Luns, 14 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia convertirase do 25 ao 27 de novembro no epicentro da intriga e do enigma ao acoller o I Simposio Internacional de Crime e Misterio, no que colabora o Concello noiés.

As entradas será becadas e as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse en info@inica.es ou a través do whatsapp 644 121 478. Todas as persoas asistentes recibirán un diploma conmemorativo.

Así, Noia vivirá durante tres días unhas xornadas cheas de misterio onde os asistentes poderán escoitar a grandes expertos na materia da criminoloxía e dos fenómenos paranormais. Ademais, o sábado o simposio contará coa ponencia e co recoñecemento a Jaime Mayor Oreja.

Programación completa

25 de novembro
16:30 Inicio e presentación do Simposio (organizadores e autoridades)
17:00 A criminoloxía no Camiño de Santiago (Dra. María Teresa Carballeira – Directora do Grao de Criminoloxía na USC)
18:00 Conferencia do Comandante Bryan Rozman EEUU (analista do Pentágono)
18:30 Conferencia de María Rozman (Xornalista e gañadora de 3 Premios Emmy en EEUU)
19:00 O misterio da creación artística (Antonio Seijas. Escritor e pintor)

26 de novembro
10:00 Horrores e misterios da España profunda (Natalia Monje. Periodista e historiadora)

11:00 A verdadera historia da contra armada (Luis Gorrachategui. Profesor e Historiador)
12:30 Acto de recoñecemento e ponencia a cargo do Excmo. Sr. D. Jaime Mayor Oreja
13:30 O emprego terrorista dos microorganismos e la guerra biolóxica (Dr. Juan Jesús Gestal. Profesor emérito da USC)
17:00 A relación entre o crime, o misterio e a literatura (Ulises Bértolo. Avogado e escritor)
17:30 A psicoloxía e o delito. (Gonzalo de Francisco Meirelles. Oficial da Policía Federal e profesor de Universidade de Buenos Aires)
18:00 O fenómeno OVNI na actualidade (Dr. Pablo Villarrubia. Escritor e xornalista de Cuarto Milenio)
19:00 Explicacións e fenómenos aparentemente inexplicables (Teniente Coronel Dr. Scott Smitson. EEUU. Estratexia do Pentágono e profesor da Universidade de Ohio.

27 de novembro
11:00 Arquivos confidenciais na intelixencia aérea (Fernando Cámara. Coronel doExército do Aire)

12:00 O crime dos Urquijo e outros misterios da historia criminal en España. (Juan Rada. Ex director de ‘El caso’ e xornalista e escritor)
13:00 Arqueoloxía psíquica. (Pablo Novoa. Arqueólogo)
13:45 Clausura e entrega de diplomas. (organizadores e autoridades)
14:00 Visita guiada pola zona histórica e máis misteriosa da vila.

Multimedia