MELLORA NOS CAMIÑOS NO RURAL NO LUGAR DA ALBARIZA ATA PIÑEIRO

Xoves, 27 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia informa do remate da execución da obra de "Mellora dos camiños no rural, no lugar de Albariza, Balbargos ata Piñeiro”, que foi cofinanciado a través das axudas reguladas na Resolución do 18 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2016. As actuacións realizadas teñen por finalidad acondicionar e pavimentar os camiños rurais da zona da Albariza, Balbargos e Piñeiro. O importe das obras ascendeu a 47.895,53. Igualmente contratouse o servizo de control de calidade das obras executadas, que comprendeu o control da calidade dos materiais empregados, dos métodos de execución e das obras rematadas, e que representou un custo de 2.043,69 €.