Mellora da accesibilidade ao mirador do Monte do Bolo

Mércores, 23 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia informa da realización da obra de “Mellora da accesibilidade ao mirador do Monte do Bolo”, que foi cofinanciado a través das axudas reguladas na resolución do 19 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos para o apio aos investimentos para uso público en infraestrutura recreativa, información turística e infraestrutura turística a pequena escala, mediante o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG número 40, 29 de febreiro de 2016). As actuacións realizadas teñen por finalidade adecentar, mellorar e manter os espazos libres e de esparcemento da vila co fin de mellorar o uso e accesibilidade do Mirador do Monte do Bolo. As obras consistiron principalmente na reparación e mellora do camiño de acceso que bordea o parque, enlazando o vial existente co proxectado, a creación de dúas prazas de aparcamento para P.M.V e a construción duns aseos adaptados. Ademais do sinalado, entre as labores realizadas executouse a reparación e saneado do pavimento existente do sendeiro peonil, a mellora dos accesos ás dúas plataformas creando unha rampla e dous banzos de escaleira na zona que enlaza coa senda de acceso, o arranxo e saneado das escaleiras no acceso á rúa Colombia e aplicación de capa protectora, a creación de novo sendeiro peonil de lastras de granito para dar continuidade á senda ata as escaleiras, o rebaixe do aceirado localizado na rúa Colombia e a creación dunha rampla de acceso. Por outra parte, tamén abrangue a sinalización viaria e informativa da Vila de Noia y dos recursos turísticos e patrimoniais do municipio e a sinalización de bens BIC a través de paneis interactivos, emisor de códigos QR, que permite descargar a información a un dispositivo móbil; tecnoloxía beacon, tecnoloxía bluetooth que nos permite enviar información ao usuario en un radio de acción real para comunicar posicionamentos ou información sobre os puntos de interese, punto de emerxencia a través de tecnoloxía “click to call” que permite realizar chamadas de emerxencia desde os dispositivos tótems instalados, así como a formación dun módulo prefabricado que permita la garda dos enseres propios de mantemento e a instalación de 2 aseos adaptados para persoas con calquera tipo de incapacidade. Para a realización desta actuación redactouse un proxecto, cuxo orzamento ascendeu 81.505,95 € e obtívose unha subvención outorgada pola Xunta de Galicia por importe de 47.152,20 €.