Convocatoria de axudas para o transporte de estudantes para o curso 2021/2022

Mércores, 03 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia publica toda a información relativa á convocatoria das axudas para o transporte de estudantes para o curso 2021/2022. 

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 4 ao 24 de novembro de 2021 (ambos os días incluídos). 

As solicitudes deberán presentarse, correctamente cubertas e coa documentación obrigatoria, a través do Rexistro de entrada ou da sede electrónica do Concello de Noia

Toda a información ao respecto así como o modelo de solicitude está publicado, de igual xeito, na sede electrónica. Así mesmo, podedes consultar a convocatoria e as bases no Boletín Oficial da Provincia.