A Consellería de Política Social comprométese a reforzar a súa achega económica en Noia

Mércores, 04 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O alcalde de Noia, Santiago Freire, acompañado pola concelleira Marisol Villar e o concelleiro e deputado autonómico Ramón Santos, mantiveron unha reunión con José Manuel Rey, Conselleiro de política social, para tratar diversos temas de interese para o municipio noies.
Durante o encontro abordaron varios puntos.
Un deles relativo ao servizo de tratamento a nenos con discapacidade. Dende o Concello falaron de levar a cabo reformas encamiñadas a mellorar as condicións das estancias e dependencias nas instalacións do centro. Por outra banda, expúxose unha colaboración por parte da consellería, á cal se comprometeu o propio José Manuel Rey, para así reforzar a achega económica e incrementala na medida das súas posibilidades.
Outro dos asuntos tratados foi a posibilidade de incluír melloras en determinadas asociacións que actúan no termo municipal como son A Misela e A Creba. Para a primeira pediuse que pasasen a ser homologadas algunhas das prazas que se están ofertando aos usuarios, ademais dunha maior colaboración desde a Consellería. Por outra banda, para a segunda, solicitáronse axudas para as actuacións no servizo de axuda no fogar. Así mesmo, este servizo de dependencia verá incrementada a contía económica que percibe desde a Consellería de Política Social, feito que se traducirá nunha liberación de fondos municipais.
Outro dos asuntos que se expuxo ao Conselleiro foi a posibilidade de colaborar na prestación de servizo por parte das tres garderías de carácter privado coas que conta Noia, a través dun cheque infantil. Devandito cheque infantil servirá para que a través destas axudas, os pais, poidan facer uso das garderías. Está previsto que para concretar en que van consistir estas axudas económicas ás familias, a Directora Xeral de Familia e Inclusión da Consellería de Traballo e Benestar, María Amparo González, faga unha visita a Noia en próximas datas.