Comezan as obras de regularización do firme e pavimentación dos viais no Malecón de Gasset e no Peirao do Marqués

Mércores, 09 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia continúa coa súa aposta en firme por renovar e mellorar a seguridade vial no municipio.

Durante a xornada de hoxe, comenzaron as obras de regularización do firme e pavimentación dos viais no Malecón de Gasset e no Peirao do Marqués. Unhas melloras que se complementarán durante as vindeiras semanas con actuacións similares no Pereiro de Arriba, no Obre, na contorna do cemiterio de Santa Cristina de Barro, na Avenida da Coruña e na Barquiña e que contan cun investimento total de máis de 300.000 euros.

Por mor destas intervencións no núcleo urbano, a circulación dos vehículos verase afectada de forma intermitente nun dos sentidos da circulación.

“Noia continúa investindo na mellora da rede viaria e da seguridade vial do municipio, unha das prioridades deste goberno local”, destacou o alcalde noiés, Santiago Freire.

Multimedia