Bases reguladoras do Programa PEL-REACTIVA da Deputación Provincial da Coruña para microempresas e autónomos

Martes, 03 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Concello de Noia adheriuse ao Programa PEL-REACTIVA: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da provincia da Coruña do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña. 

O obxectivo destas axudas é contribuír a paliar, na medida do posible, as consecuencias da pandemia da COVID-19 entre as microempresas e autónomos e autónomas do municipio. 

As persoas que desexen solicitar esta prestación poderán facelo desde a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ata o 25 de novembro de 2020. A documentación sobre a convocatoria pódese consultar na sede electrónica do Concello de Noia.