A COVID-19 é a enfermidade infecciosa causada polo coronavirus que se descubriu no 2019. Os síntomas máis habituais da COVID-19 son os seguintes:
- Febre
- Tos secta
- Cansancio
Existen, así mesmo, outra sintomatoloxía menos frecuente que afecta a algúns pacientes como, por exemplo, a que se enumera a continuación:
- Dores e molestias
- Conxestión nasal
- Dor de cabeza
- Conxuntivite
- Dor de gorxa
- Diarrea
- Perda do gusto e do olfacto
- Erupcións cutáneas
- Cambios de cor nos dedos das mans e dos pés
A distancia de seguridade, o emprego da máscara e o lavado frecuente de mans son tres das recomendacións principais para reducir o risco de contaxio pola COVID-19.
A Xunta de Galicia publicou unha nova orde modificando as normativas e restricións pola covid-19 na Comunidade. As medidas principais que afectan ao concello de Noia son as que, a continuación, se enumera
- Redución dos aforos: grupos dun máximo de 8 persoas no interior de restaurantes, bares e establecementos de ocio nocturno. Grupos dun máximo de 15 persoas no exterior de restaurantes, bares e establecementos de ocio nocturno.
- Será necesario presentar o certificado covid-19 no interior de: restaurantes, bares desde ás 21:00 horas, vixente no ocio nocturno.