PIC (Punto de Información Catastral)

O PIC do Concello de Noia é un servizo de ámbito comarcal, onde o cidadá5pode acceder aos seus datos no Catastro evitando desprazamentos á oficina de Catastro en Coruña.
Emite certificacións catastrais descritivas e gráficas, certificacións negativas e información catastral de todo o estado español. Ante a saturación deste servizo foi preciso poñer unhas taxas pola súa utilización, de xeito que todos e todas fagamos un uso racional do PIC.

Certificado catastral telemático: 1,26 €
Certificación catastral descritiva e gráfica:12€ 

Ubicación: Casa do Concello
Rosalía de Castro, 2 - 15250 Noia 
Teléfono 981 84 21 00 de 9:00 a 14:00