Orientación laboral

O Concello de Noia ten a disposición dos veciños un servizo de orientación laboral, cofinanciado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.

O Servizo Público de Emprego de Galicia conta con centros propios da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia: as Oficinas de Emprego e tamén con centros asociados como o Centro Asociado do Concello de Noia.

As súas funcións son:

Realización de itinerarios dos desempregados de cara a súa integración no mercado laboral.
Asesoramento na elaboración do Curriculum Vitae.
Itininerarios de formación e emprego para o demandante de emprego.
Dar información e asesoramento sobre formación, cursos, etc.
Planificación da integración laboral do demandante.
Relacionar demanda oferta de emprego.
Colaborar na elaboración de programas activos de emprego. Ubicación: na Casa do Concello