OMIC (Oficina Municipal de Información ao Consumidor)

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) é un servizo gratuíto que ofrece o Concello de Noia a tódolos cidadáns da Comarca de Noia. A OMIC de Noia dá información aos usuarios e consumidores, colabora na atención e defensa do consumidor, axudándolle na tramitación das súas reclamacións, denuncias e queixas.

Entre as súas funcións están:
Asesorar e informar ao cidadán para o coñecemento dos seus dereitos como usuario e consumidor.
Axuda na tramitación de queixas e reclamacións e remiteas ás enteidade e organismos oportunos.
Realiza actos de mediación.
Realiza Educación e Formación en Consumo en xeral para a cidadanía.

Está ubicada na Casa do Concello
Rosalía de Castro, 2
15200 , NOIA , A CORUÑA
Teléfono:981842100