Fundación Otilia Millares

O Concello de Noia forma parte da Fundación Otilia Millares, sendo o alcalde membro do seu padroado. O obxectivo desta fundación é colaborar para integración escolar dos nenos talentosos con menos ingresos. Estableceu un Premio ao Mellor Estudante noiés, dotado con 3.000 euros, que na primeira edición gañou Carlos Maquieira (10 en Bacharelato e 9,25 en Selectividade).