CIM (Centro De Iinformación á Muller)

Entre os departamentos da área de Benestar destaca o CIM (Centro de Información á Muller)
O CIM é un centro de información ás mulleres, un servizo gratuíto destinado a atender as demandas das mulleres do concello, proporcionando asesoramento xurídico, atención psicolóxica e outras que resolve as dúbidas de xeito personalizado e confidencial.
Está ubicado na rúa do Curro nº4 de Noia
981 828011/981828104
Enderezo electrónico: cim.noia@hotmail.com

Poden acudir todas as mulleres do Concello de Noia e as dos concellos limítrofes de Porto do Son e de Lousame, nun horario de atención de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas. O CIM é atendido por unha psicóloga e un avogado, coordinados coa traballadora social do concello e coa educadora familiar. Servizos que ofrece o CIM:

Atención psicolóxica
Apoio e atención psicolóxica personalizada.
Orientación e asesoramento en dificultades emocionais.
Intervención en casos individuais como ansiedade, depresión, problemas de conducta...
Separación, divorcio.
Apoio e asesoramento en casos de malos tratos.

Asesoramento xurídico
Dereito de familia: separacións, divorcios, pensións alimenticias, custodias.
Dereito Penal: denuncias, malos tratos, lesións, ameazas e inxurias.
Solicitude de xustiza gratuíta.
Outros aspectos do dereito como o civil, administrativo, laboral...

Violencia de xénero
Atención e asesoramento en casos de malos tratos.
Acompañamento na xestión e trámites a realizar (denuncia, orde de alonxamento...)
Tramitación de teléfono móbil de teleasistencia para víctimas de violencia.
Apoio psicolóxico.
Colaboración con outros servizos de intervención en casos de malos tratos (garda civil, policía local, servizos sanitarios...)

Principios que rixen o CIM:
O desempeño das funcións está inspirado polos seguintes principios:
Anonimato na identidade das usuarias.
Respecto á vontade das usuarias na búsqueda das posibles solucións e alternativas ás consultas plantexadas.
Gratuidade de tódolos servizos que se precisen
Respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do CIM que garantirá a privacidade das comunicacións.