ADL (Axencia de Desenvolvemento Local)

O Concello de Noia conta con dous axentes especializados no desenvolvemento local, un ADL e un TLE, técnico local de emprego. Este servizo conta coa colaboración da Consellería de Traballo que finanza parcialmente o soldo do técnico local de emprego.

A Axencia de Desenvolvemento Local de Noia ten como principal función a xestión e tramitación de subvencións, é a encargada de informar, tramitar e xustificar as subvencións municipais, polo cal o seu labor é de especial importancia para os intereses municipais. A ADL tamén dá información e asesoramento a particulares e empresas, e sobre todo a asociacións que son o colectivo que máis fai uso deste servizo.

Ubicación: na Casa do Concello
Rosalía de Castro, 2 - 15250 Noia