Actualidade

Ex., 28-03-2024
Ex., 28-03-2024
Xoves, 21 de abril de 2016

O concelleiro de deportes Ramón Santos presentou o 2º Torneo Internacional de Xadrez Vila de Noia que se celebrará o próximo 1 de maio no Polideportivo Rosalía de Castro.

Mércores, 20 de abril de 2016

No día de hoxe tivo lugar a presentación da Iª velada de boxeo vila de Noia que se celebrará o vindeiro domingo 24 ás 21:00h no pavillón Alonso Rodríguez da vila Noiesa. 

Luns, 18 de abril de 2016

O alcalde de Noia, Santiago Freire, mantivo unha reunión de traballo xunto á Conselleira de Medio e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, co obxectivo de tratar varios asuntos que incumben ao municipio con esta administración pública.

Sábado, 16 de abril de 2016

O goberno de Noia expón ao Instutito Galego da Vivenda e Solo a posibilidade de establecer un convenio entre ambos para levar a cabo unha serie de actuacións de adquisición e rehabilitación de vivendas dentro do casco histórico.

Venres, 15 de abril de 2016

O alcalde Santiago Freire, acompañado do concelleiro de Cultura, Pepe Pérez; o presidente do xurado, Alfonso Costa; a nai de Juan José Fernández Leiceaga, Saladina Leiceaga; e os patrocinadores Luís Fernández e Francisco Pérez, presentou a IX Edición concurso pintura

Venres, 15 de abril de 2016

O alcalde de Noia, Santiago Freire, reuniuse coa Xefa Provincial de Tráfico, Victoria Gómez, para tratar temas relacionados coa seguridade viaria. O obxectivo do encontro foi establecer mecanismos de colaboración entres ambas as administracións públicas.

Mércores, 13 de abril de 2016

Santiago Freire, alcalde de Noia, acompañado polo concelleiro de festexos Pepe Pérez, e por Xacobe Pérez, presidente da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, compareceron en rolda de prensa para dar a coñecer a programación das festas de San Marcos 2016.

Martes, 12 de abril de 2016

O alcalde de Noia, Santiago Freire, xunto coa concelleira de parques e xardíns, Mariola López, visitaron o Parque Miradoiro de San Lois o cal ofrece unhas vistas inmellorables á Ría de Noia.

Domingo, 10 de abril de 2016

O pasado 9 de abril tiña lugar a XXXII edición do Rali de Noia. A proba, organizada pola escuadra Berberecho, abría, tras varios anos, o campionato galego.

Venres, 08 de abril de 2016

Os alumnos de 4º de primaria do Colexio María Assumpta puideron coñecer o funcionamento da administración pública local.

Páxinas